BNG de Nigrán
BNG de Nigrán
BE-NE-GÁ
cac99b26-6526-4cc6-ac0c-4edd0e2ae730_16-9-aspect-ratio_default_0

O Goberno de Nigrán renuncia á instalación dun centro de día no antigo centro de saúde de Panxón

 

A reclamada cesión do inmoble queda nunha adscrición temporal para aloxar nel a Protección Civil do Val Miñor e un centro social

 

As obras para o seu acondicionamento, que deberá costear o concello pese a non conseguir a titularidade do local, estímanse en máis de 700.000 euros

Ler novas
BE-NE-GÁ
Militantes do BNG no Val Miñor xuntos aos portavoces municipais e a deputada autonómica, Carmela González

O BNG no Val Miñor denuncia que o PP actúa contra os intereses da veciñanza do Val de Miñor

 

Todas as emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026 presentadas polo Bloque foron rexeitadas polo partido popular de Rueda

Os portavoces municipais de Baiona, Gondomar e Nigrán laméntan que rodete da maioría absoluta do PP galego rexeite a totalidade das trinta emendas parciais formuladas polo BNG, que impedirá, co silencio cómplice do PP dos tres concellos, o investimento de preto de vinte millóns de euros no Val de Miñor

Carmela González, deputada do BNG: “O PP priva a veciñanza do Val de Miñor dun incremento imprescindible para corrixir a marxinación que as contas de Rueda supoñen tanto para os tres concellos no seu conxunto como para cada un por separado

Ler novas
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, portavoz municipal

O BNG propón aplicar un tipo de gravame progresivo no imposto da plusvalía en función da antigüidade de adquisición do terreo obxecto de transmisión

 

Propón diminuír dende o tipo fixo vixente do 27% ata un tipo impositivo do 10% para os terreos urbanos con 20 ou máis anos de antigüidade, pero aplicar o máximo que permite a lei, un 30%, ás transmisións realizadas nun período menor a un ano.

 

Os nacionalistas rexeitan, non obstante, rebaixas indiscriminadas do imposto que non distinguen entre os diferentes supostos e benefician á especulación urbanística

Ler novas
BE-NE-GÁ
Iago Pereira, Manuela Rodríguez e Xavier Rodríguez.

O BNG propón para a Mancomunidade ampliar competencias, participación veciñal e dous anos de presidencia

 

 

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar 20 emendas á modificación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor proposta polos órganos de goberno da entidade supra-municipal que actualmente preside o alcalde de Nigrán, Juan González

Ler novas
BE-NE-GÁ
IMG_20251210_121108

O alcalde de Nigrán rexeita cesar ao concelleiro de vías e obras pero tampouco desacredita a súa actuación na contratación do servizo de recollida de residuos

 

Ao igual que ocorreu no 2004, vólvese licitar un servizo cuns pregos encargados a dedo que proxectan un gasto un 50% maior que o prezo actual

 

Despois da exclusión da oferta inicialmente mellor valorada, queda acreditado o intento de favorecer a unha empresa cuxa proposta incumpría o prego de contratación

Ler novas
BE-NE-GÁ
Imagen de WhatsApp 2025-10-29 a las 18.25.28_0ea95ce411

O Alcalde de Nigrán rexeita devolver ao Pleno as competencias delegadas en relación coa contratación do servizo de recollida de residuos urbanos

 

A proposta do BNG, que pretendía que a corporación recuperara todas as competencias como órgano de contratación, foi desestimada cos votos do PSOE

 

"O goberno de Nigrán tivo a oportunidade de actuar a favor da transparencia e a limpeza do proceso e decidiu actuar a prol da ocultación” sinala o portavoz municipal

Ler novas
BE-NE-GÁ
Imagen de WhatsApp 2025-10-29 a las 18.25.28_0ea95ce411

O BNG esixe a devolución ao Pleno das competencias sobre a contratación do servizo de recollida de residuos urbanos delegadas no alcalde

 

A tramitación, lonxe de axilizarse, estivo encallada polas diverxencias entre a mesa de contratación e o goberno municipal ao respecto da valoración das ofertas

 

Xavier Rodríguez eleva unha proposta ao Pleno para que recupere a competencia delegada á vista das irregularidades feitas públicas pola formación nacionalista

Ler novas