BNG de Nigrán
BNG de Nigrán
BE-NE-GÁ
undefined

A licitación do novo contrato de recollida de residuos e limpeza viaria de Nigrán paralizouse polo rexeitamento da Mesa de Contratación á valoración das ofertas realizada por unha consultora externa

O informe de valoración externo avala como “excelente” unha proposta que incumpre o esixido no prego e que xera un sobrecusto sen contraprestación

 

O Goberno Municipal intentou que se lle dera conformidade ao informe de valoración da consultora externa

 

Os técnicos da Mesa de Contratación sinalan a desproporcionada vantaxe outorgada á UTE Copasa-Geseco-Oresa que convertería o criterio económico en irrelevante

Ler novas
BE-NE-GÁ
IMG_0571

O Pleno de Nigrán, a iniciativa do BNG, aproba a creación dunha brigada de medio ambiente

 

Dotarase tamén unha praza de técnico forestal para configurar unha unidade estábel que dea resposta ás necesidades estruturais nesta materia para todo o concello

 

A proposta nacionalista, aprobada co voto favorábel de BNG e PSOE e a abstención do PP, insta igualmente ao Goberno Municipal a vixiar o cumprimento da limpeza das faixas secundarias de protección dos núcleos.

 

No mesmo sentido instan á Xunta de Galicia a que revise o marco competencial para que sexa a administración galega quen asuma a execución subsidiaria da limpeza nos casos de incumprimento por parte dos titulares ou cando sexan descoñecidos

Ler novas
BE-NE-GÁ
Colectores do Lixo no Municipio

O BNG de Nigrán esixe o pago inmediato dos atrasos salariais ao persoal do servizo de recollida de lixo e reitera a súa aposta pola xestión municipal directa

 

Cinco anos de incumprimentos salariais evidencian a urxencia de poñer orde e garantir os dereitos laborais no servizo de recollida de lixo de Nigrán

Xavier Rodríguez:Isto confirma que a privatización dun servizo esencial como este só trae problemas, empeora as condicións laborais, resta control público e supón un sobrecusto para as arcas municipais

Ler novas
BE-NE-GÁ

O Goberno de Nigrán renuncia definitivamente ao proxecto de acondicionamento das marxes do río Muíños

Resolve de mutuo acordo coa adxudicataria o contrato administrativo de obras tras abonarlle máis de 73.000 euros á empresa en concepto de liquidación

O alcalde considera que o investimento xa non é necesario e destina a partida aínda restante, por importe de 231.744 euros a financiar outros gastos

O BNG reclama que os fondos restantes do aproveitamento urbanístico de Porto do Molle, máis de 4 millóns de euros, se destinen a rexeneración dos ríos Muíños e Nespereira, a mellorar as conexións do polígono e a favorecer a construción de vivenda protexida

Ler novas
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, Portavoz Municipal.

O BNG presenta unha moción para recuperar o servizo de normalización lingüística do Concello de Nigrán

A iniciativa foi ditaminada favorabelmente na comisión informativa previa ao Pleno ao contar co apoio de BNG e PSOE e a abstención do PP

A proposta recolle tamén outras medidas como evitar a exclusión do noso idioma na sinalización municipal, sexa permanente ou temporal, ou a utilización do galego nas actividades subvencionadas

Xavier Rodríguez sinala que a recuperación do galego pasa por un maior compromiso institucional e políticas públicas decididas

Ler novas