Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais

IMG_3360
Candidatura do BNG de Nigrán

 

O acto terá lugar este sábado no local da Asociación Veciñal A Camoesa, en Camos, ás 18.30 horas

Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais

O BNG de Nigrán presentará este sábado 22 de abril en Camos a súa candidatura ás eleccións municipais do próximo maio. Intervirán no acto o candidato á alcaldía, Xavier Rodríguez, que encabeza a lista por terceira ocasión consecutiva, e os números 2 e 3 da candidatura, Cristina Fernández e Jorge Vilas, acompañados pola deputada no Parlamento galego Carmela González.

O candidato, Xavier Rodríguez, conta con experiencia municipal, ademais de coñecemento da administración local pola súa condición de funcionario do Concello de Vigo e a súa función como responsábel comarcal de administración local da Confederación Intersindical Galega.

Pola súa banda, Cristina Fernández Piñeiro, que encabezou a candidatura nas eleccións do ano 2011, atesoura unha longa traxectoria deportiva, con experiencia no goberno da Xunta e unha brillante xestión como directora do colexio Humberto Juanes. A continuación, Jorge Vilas é a primeira das grandes novidades da lista. Jorge é un mozo da Tarela, que traballa na Axencia Estatal de Administración Tributaria, e cunha grande implicación no activismo cultural e social.

No acto darase a coñecer o conxunto da candidatura que inclúe a catro membros da organización xuvenil Galiza Nova, xunto con xente con experiencia e unha sólida traxectoria no nacionalismo, representantes de todos os sectores como a sanidade, o comercio local ou o activismo cultural.

Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais