BNG de Nigrán
BNG de Nigrán
BE-NE-GÁ
Parroquias de Nigrán

O informe xurídico sobre o PXOM prega encarecidamente unha reflexión profunda sobre a alteración do modelo de crecemento

Pide que se teñan en conta as consecuencias que implicou a supresión da vía “A Xunqueira-Saiáns”, que cambiou o modelo recollido no documento inicial

Recomenda que, de optar por seguir adiante co modelo de desenvolvemento condicionado proposto polo equipo redactor, se contemplase unha segunda exposición pública, tal e como veu reclamando o BNG

O documento que se leva á aprobación non conta co informe favorábel de Patrimonio

Ler novas
BE-NE-GÁ
Iago Pereira, Manuela Rodríguez e Xavier Rodríguez.

O BNG denuncia que PSOE e PP impiden a revitalización da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor

No proceso de modificación dos estatutos, os alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán rexeitaron as emendas do BNG destinadas a reforzar a participación, a pluralidade política e a gobernanza compartida da entidade

O Bloque lamenta a oportunidade perdida de converter a Mancomunidade nun verdadeiro instrumento de cooperación ao servizo da veciñanza

Ler novas
BE-NE-GÁ

O BNG esixe que se respecte á Corporación na tramitación do PXOM

Convocar á comisión informativa con apenas dous días hábiles de antelación, coa festividade local de San Xoán polo medio, e o Pleno na semana seguinte, só responde ao interese do goberno por dificultar a análise de todos os informes emitidos

 

O BNG solicitou na comisión informativa, con nulo éxito, que o pleno para a aprobación provisional non se convocara, en ningún caso, con menos de dúas semanas de antelación

 

Pretender resolver un documento que leva 16 anos de tramitación en pouco máis dunha semana é un insulto aos corporativos e a toda a veciñanza de Nigrán” indicou o portavoz municipal, Xavier Rodríguez

Ler novas
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, Portavoz Municipal

Nigrán reitera a petición de construción de vivenda pública no concello

Unha iniciativa do BNG, aprobada por unanimidade, solicita á Xunta que inicie os trámites necesarios co concello para promover vivenda protexida

 

Insta, ao mesmo tempo, ao goberno de Nigrán, a iniciar a creación dun parque municipal de vivenda pública, xa sexa mediante a promoción ou a adquisición

 

Nigrán xa é o terceiro concello de Galiza co alugueiro máis caro, tan só por detrás de Oleiros e practicamente igualado con Vigo, segundo os datos da propia Xunta” advirte o portavoz nacionalista, Xavier Rodríguez

Ler novas
BE-NE-GÁ
Iago Pereira, Manuela Rodríguez e Xavier Rodríguez.

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria inmediata do pleno da Mancomunidade do Val de Miñor para fortalecer o seu funcionamento

Instan á Comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, actual presidente, de Gondomar e de Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por celebrar os plenos trimestrais que levan sen convocar máis de un ano

Manuela Rodríguez, Iago Pereira e Xavier Rodríguez, portavoces do BNG en Gondomar, Baiona e Nigrán, respectivamente, sinalan que “ese desinterese das diferentes presidencias de PSOE e PP é un obstáculo para a mellora e o correcto funcionamento dos xa escasos servizos mancomunados, como a piscina ou o grupo de emerxencias supramunicipal (GES)”

Ler novas
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, portavoz municipal

A intervención do Concello de Nigrán emitiu 126 informes de reparo no exercicio 2025, na súa maioría con carácter suspensivo

O levantamento dos reparos foi realizado case na súa totalidade mediante resolucións do alcalde de Nigrán

 

Entre eles está a contratación da obra de remodelación do parque de A Ramallosa, informada desfavorablemente por incumprimento do prazo de xustificación

 

Tamén recibiron reparos de legalidade ata 105 relacións de obrigas ou gastos, polo xeral, por realizarse sen a tramitación do correspondente expediente de contrato

Ler novas
BE-NE-GÁ
Colectores do Lixo no Municipio

O Goberno de Nigrán adxudica en solitario o novo contrato do lixo

 

O importe do contrato increméntase un 50 % respecto do actual

 

Os técnicos advertiron que a nova licitación supón un custe innecesariamente inflado para as arcas municipais

 

O BNG defendeu declarar a lesividade dos pregos de contratación e a anulación da adxudicación proposta

Ler novas
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, Portavoz Municipal

O orzamento do Concello de Nigrán increméntase en máis de un millón de euros dos que case 700.000 son absorbidos polo Capítulo 2 cos novos contratos

A suba do custo dos servizos produto das novas licitacións, como o contrato do lixo que se encarece un 50%, lastra as posibilidades de investimentos

 

Por outra banda segue a tendencia de incrementar as transferencias correntes para subvencións e achegas a outras administracións, que se aproxima xa ao millón de euros, o dobre que a cantidade para inversións reais con fondos propios

 

Isto configura unha tendencia na política de gasto que non compartimos, a de repartir cartos en lugar de executar os investimentos e actividades necesarias para manter a calidade de vida da veciñanza e o medio no que vivimos”

Ler novas