mancomunidade
BE-NE-GÁ
Iago Pereira, Manuela Rodríguez e Xavier Rodríguez.

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria inmediata do pleno da Mancomunidade do Val de Miñor para fortalecer o seu funcionamento

Instan á Comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, actual presidente, de Gondomar e de Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por celebrar os plenos trimestrais que levan sen convocar máis de un ano

Manuela Rodríguez, Iago Pereira e Xavier Rodríguez, portavoces do BNG en Gondomar, Baiona e Nigrán, respectivamente, sinalan que “ese desinterese das diferentes presidencias de PSOE e PP é un obstáculo para a mellora e o correcto funcionamento dos xa escasos servizos mancomunados, como a piscina ou o grupo de emerxencias supramunicipal (GES)”

Ler novas
BE-NE-GÁ
Iago Pereira, Manuela Rodríguez e Xavier Rodríguez.

O BNG propón para a Mancomunidade ampliar competencias, participación veciñal e dous anos de presidencia

 

 

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar 20 emendas á modificación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor proposta polos órganos de goberno da entidade supra-municipal que actualmente preside o alcalde de Nigrán, Juan González

Ler novas
BE-NE-GÁ
2025042200530944090

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria do pleno da Mancomunidade do Val Miñor

Instan á comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por convocar o pleno trimestral que tocaba no mes de marzo

Os sucesivos presidentes, tanto o actual, Juan González, alcalde de Nigrán, como Sito Almuíña, de Baiona, ou Paco Ferreira, de Gondomar, danse relevo un ano tras doutro, de xeito rutineiro no cargo e sen ningunha intención de impulsar a Mancomunidade

Ler novas
BE-NE-GÁ
gesValMiñor

O goberno do PP na Xunta rexeitou a emenda do BNG para a construción dunhas novas instalacións para o GES

A emenda de 1M€ aos orzamentos da Xunta tiña por obxecto dotar dunha nova localización ás dependencias do Grupo de Emerxencias Supramunicipal: un lugar axeitado, que facilitara a comunicación con todo o Val, deseñado funcionalmente para o seu cometido e específico para o servizo.

O portavoces do BNG nos tres concellos lamentan que remate un ano máis cun servizo de emerxencias en precario, “nin Xunta nin Mancomunidade velan polo correcto funcionamento do GES do Val Miñor, un servizo do que poden chegar a depender as nosas vidas”.

Ler novas
Portadas
29512568_299842303879212_7470097765834345127_n

O BNG solicita a renuncia de Juan González como presidente da Mancomunidade por abandono de funcións

Acúsao de ser o principal culpable de ter paralizado o procedemento polo caso de acoso no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).
Considera que a sanción de 25.001 euros deberían pagala do seu peto os presidentes responsables deste comportamento omisivo infractor.
Durante os anos 2019 e 2020 a presidencia da Mancomunidade ignorou numerosos escritos que reflectían diversas situacións conflitivas no servizo de emerxencias.
Ler novas