O BNG do Val Miñor insta a constituír a Xunta da Mancomunidade sumida na parálise por PSOE e PP

Piscina mancomunada do Val Miñor
Piscina mancomunada do Val Miñor

 

A organización nacionalista denuncia que, malia transcorrer xa case 4 meses dende as eleccións municipais, cuestións decisivas como a concesión caducada da piscina ou as deficiencias no funcionamento do GES permanecen sen abordar

 

O Bloque avoga por volver ao modelo de rotación da sede da Mancomunidade

O BNG do Val Miñor insta a constituír a Xunta da Mancomunidade sumida na parálise por PSOE e PP

O BNG do Val Miñor insta a constituír a Xunta da Mancomunidade sumida na parálise por PSOE e PP. O próximo 28 de setembro cumpriranse 4 meses dende as pasadas eleccións municipais e a Xunta da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor seguirá sen constituírse pese a ser designados todos os seus membros polos plenos dos concellos respectivos.

O actual presidente e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, aínda non convocou a sesión constitutiva da actual Xunta que non se reúne dende finais do 2022 cando a presidía o alcalde de Nigrán, Juan González, constatando, máis unha vez, o nulo interese que ten o ente supramunicipal tanto para o PP como para o PSOE.

Desde o BNG consideran necesario lembrar que hai cuestións ben importantes que abordar, como a renovación da concesión da piscina mancomunada, que xa xerou un grave problema no pasado ano, ademais das eivas de persoal e organizativas no Grupo de Emerxencias Supramunicipal ou compromisos non asumidos en materia ambiental e cultural.

Por outra banda, o BNG non é alleo ás dificultades de funcionamento da propia Mancomunidade, polo que adiantan que proporán que a súa sede rote polos tres concellos da comarca, tal e como se establecera na súa fundación. Máis aínda tendo en conta as dúbidas que xera a modificación que estableceu a sede debido á súa incompleta tramitación.

No vindeira Xunta da Mancomunidade o BNG estará representado polos seus portavoces municipais en Baiona e Gondomar, Iago Pereira e Manuela Rodríguez. O BNG de Nigrán non terá representación ao quedar fóra o seu voceiro municipal, Xavier Rodríguez, pola imposición do rodete antidemocrático do PSOE local.

O BNG do Val Miñor insta a constituír a Xunta da Mancomunidade sumida na parálise por PSOE e PP