O BNG reclama que se axilicen as obras de Otero Pedrayo

IMG_20230525_Otero P.
Obras empantanadas na Rúa Otero Pedrayo

 

A urbanización da rúa, iniciada en agosto, vai cumprir nove meses nun estado semiparalizado.

"Estas son as consecuencias dunha xestión nefasta con esta humanización tan necesaria”, sinala Xavier Rodríguez

O BNG reclama que se axilicen as obras de Otero Pedrayo

A finais de agosto do pasado ano o goberno municipal anunciaba por fin o inicio das obras da rúa Otero Pedrayo e sinalaban que pasaría “a ser en dous meses unha vía de referencia nas humanizacións emprendidas polo goberno local”.

A realidade é que os traballos levan nove meses nunha situación de semiparálise, con escasos tres operarios traballando nela, cunhas obras empantanadas que se eternizan no tempo e que non rematan nunca, e cos veciños sufrindo as dificultades de accesibilidade e tránsito polo seu entorno.

O responsábel local do BNG, Xavier Rodríguez, afirma que “estas son as consecuencias dunha xestión nefasta con esta humanización tan necesaria”, pois lembra que no ano 2018 unha das esixencias do BNG para apoiar o orzamento municipal foi a redacción por parte do goberno local dunha proposta de convenio co obxecto de remitírllela á Xunta de Galicia para urbanizar a rúa. “Pretendiamos que non fose xa unha petición do goberno local senón unha esixencia unánime da corporación”.

O goberno do PSOE viuse apurado pola iniciativa nacionalista e pola propia veciñanza da rúa e decidiu recuperar protagonismo seguindo a súa propia vía, que non foi outra máis que solicitarlle á Xunta a transferencia da estrada, que recibiu nun estado deplorábel, para arranxala con fondos propios, mentres tanto a vía continuou degradada durante todo o mandato actual. O resultado foi que a Xunta eludiu entusiasta a súa responsabilidade e o goberno municipal contratou por fin as obras cara o final do mandato con cargo á asignación que lle corresponde a Nigrán dos fondos da deputación.

Agora atopámonos cunha rúa que leva camiño de botar máis dun ano en obras como consecuencia das erradas xestións que só buscan acaparar protagonismos a costa do diñeiro e da paciencia da veciñanza.

O BNG reclama que se axilicen as obras de Otero Pedrayo