O BNG anuncia unha oposición rigorosa en defensa da transparencia e dos intereses da veciñanza

IMG_3360 (1)
Candidatura do BNG ás pasadas eleccións do 28 de maio

 

Agradece o apoio das máis de 700 persoas que propiciaron a súa volta á corporación municipal de Nigrán

 

“A nosa presencia nos plenos será só un instrumento para o verdadeiramente importante, o traballo na rúa” sinala Xavier Rodríguez

O BNG anuncia unha oposición rigorosa en defensa da transparencia e dos intereses da veciñanza

Nunha primeira valoración das pasadas eleccións municipais, o Consello local do BNG de Nigrán mostrou a súa satisfacción polo resultado acadado, non só polo feito de regresar á corporación senón tamén polo apoio recibido.

Neste sentido o órgano executivo do BNG local valorou moi positivamente que esta volta se conseguise con case o 8% do voto e máis de 700 sufraxios, notablemente por riba do apoio que Xavier Rodríguez acadara fai oito anos cando foi elixido concelleiro.

Por esta razón a organización quere expresar o seu profundo agradecemento as persoas que confiaron neste proxecto.

Igualmente o BNG quere felicitar ao PSOE pola súa vitoria electoral, pese a perda de votos, e ao conxunto dos membros da corporación electos.

En canto a planificación do traballo político e a falta dunha máis profunda análise que será realizada pola Asemblea de militantes e simpatizantes, o Consello local anunciou unha oposición rigorosa e profunda, en liña co mantido na campaña electoral, en defensa da transparencia na xestión municipal, dos intereses da veciñanza e do territorio.

Sobre esta cuestión o portavoz municipal, Xavier Rodríguez, avanzou que a súa presenza nos plenos será “só un instrumento” do traballo na rúa, facendo política para a xente e “estreitando aínda máis o contacto coa veciñanza e os colectivos sociais”.

O BNG anuncia unha oposición rigorosa en defensa da transparencia e dos intereses da veciñanza