Juan González impón o rodete antidemocrático no Pleno de Organización

Intervención de Xavier Rodríguez ante o pleno do Concello de Nigrán
Intervención de Xavier Rodríguez ante o pleno do Concello de Nigrán

 

O PSOE, que representa o 65% dos membros da corporación, quédase co 80% da representación de Nigrán na Mancomunidade do Val Miñor.

 

O alcalde detrae do Pleno a competencia para aprobar os proxectos de obras e servizos, independentemente do seu importe, para exercela el por decreto.

 

Aumenta de 4 a 5 as dedicacións parciais, incrementando un 33% as súas retribucións, que pasan de 18.000 a 24.000 euros por media xornada.

Juan González impón o rodete antidemocrático no Pleno de Organización

No Pleno de Organización do Concello de Nigrán quedou de manifesto cal vai ser a política que vai a desenvolver o goberno municipal neste mandato, que non é outra que aplicar o rodete antidemocrático ás sesións plenarias. Así, o Partido Socialista quedouse con 4 dos 5 representantes na Mancomunidade do Val Miñor, a diferencia do que fixo o Concello de Baiona, que coa mesma distribución aritmética por grupos pero intercambiando os papeis entre PP e PSOE, quedará con 3 representantes para o Partido Popular, un para o Partido Socialista e outro para o BNG.

Por outra banda o Pleno delegou no alcalde a atribución plenaria para aprobar proxectos de obras e servizos dos que é competente para a súa contratación ou concesión, e cando non estean contemplados nos orzamentos. Furta así o debate plenario sobre os proxectos máis importantes e os non consignados orzamentariamente para asumir a súa aprobación por decreto.

O BNG opúxose a esta delegación pois “estamos en contra, en principio, de detraer competencias aos órganos colexiados para outorgarllas aos órganos unipersoais” segundo sinalou o portavoz municipal Xavier Rodríguez.

No mesmo sentido o BNG opúxose as retribucións dos membros da corporación e do persoal de confianza, por non considerar xustificado o incremento de 6.000 euros nas dedicacións parciais, que pasan a ser de 24.000 euros para media xornada, o que supón que proporcionalmente teñan uns ingresos superiores á alcaldía. Ademais auméntase unha dedicación parcial respecto do mandato anterior, que pasan a ser 5, uníndose as 3 dedicacións exclusivas do alcalde e tenentes de alcalde.

Igualmente non considerou xustificada a ampliación a xornada completa dun dos postos de persoal de confianza, pasando o Concello de Nigrán a elevar ao límite máximo permitido pola lei o número de persoal de designación política que pode contratar.

Finalmente sinalar a indignación nacionalista porque un goberno do PSOE non considere axeitada a ningunha das súas concelleiras para ocupar unha das tenencias de alcaldía, e conformar unha Xunta de Goberno Local integrada por cinco homes e unha única muller.

Juan González impón o rodete antidemocrático no Pleno de Organización