AS EMENDAS FORMULADAS CÉNTRANSE NOS SERVIZOS PÚBLICOS, NO MEDIO AMBIENTE E AS INFRAESTRUTURAS E A MOBILIDADE.

O BNG presenta un total de quince emendas aos Orzamentos da Xunta para o 2019 relativas aos concellos do Val Miñor

IMG_0942
O BNG presenta un total de quince emendas aos Orzamentos da Xunta para o 2019 relativas aos concellos do Val Miñor

O Bloque Nacionalista Galego formulou un total de quince emendas parciais á proposta de orzamentos da Xunta para o exercicio 2019 relativas aos concellos do Val Miñor. As emendas formuladas céntranse no reforzamento e alongamento dos servizos públicos, no medio ambiente e na mellora da mobilidade e das infraestruturas viarias.

·  Delas, sete afectan ao conxunto dos tres concellos do Val Miñor.

cuestión ambiental merece dunha importante atención para a organización nacionalista. Desta maneira, propoñen destinar 4 millóns de euros para a recuperación das zonas afectadas polos lumes na comarca de Vigo, na que se inclúen os concellos do Val Miñor, que, un ano despois da vaga de lumes do 2017, aínda están a agardar por unhas axudas que efectivamente poidan paliar os seus brutais efectos. Demandan tamén a realización dun estudo para a recuperación e rexeneración da Foz do Miñor.

No relativo á sanidade pública, solicitan a dotación de 300.000€ para a ampliación do horario de especialidades (radioloxía, fisioterapia, saúde mental) do PAC Val Miñor e a dotación dunha segunda ambulancia adscrita a este PAC no servizo de urxencias da fin de semana

En canto ás infraestructuras e a mobilidade  propoñen amellora do transporte público por estrada e o servizo de bus a Universidade de Vigo desde o Val Miñor e a dotación para a realización do estudo para a avaliación do rescate da concesión da AG-57 (Autoestrada do Val Miñor), que conleve a eliminación das peaxes e convirta esta vía en verdadeira circunvalación para os tres concellos do Val e que, no caso concreto de Gondomar, permita a redución do tránsito de vehículos polo centro da parroquia de Vincios.

  • As restantes emendas teñen carácter local.

Así, o BNG de Baiona ante a elevada demanda de novas prazas, propón a construción dunha nova escola infantil dotando unha partida para o inicio das obras no 2019.

No caso do BNG de Nigrán propoñen a urbanización da rúa Otero Pedrayo que, pese a ser unha estrada moi transitada e que vertebra o municipio, presenta un estado lamentábel.

Pola súa parte, o BNG de Gondomar propón o inicio no 2019 dunha nova escola infantil e dun centro de día para maiores; así como ampliar a atención de pediatría en horario de tarde para o Centro de Saúde de Gondomar.

Propón tamén a mellora da mobilidade peonil (construción de senda peonil) da estrada PO-341 Víncios-Couso, e completar a construción de beiravía na estrada PO-332 Vincios - Nigrán nos tramos que faltan entre Tercias e Vendas na parroquia de Vilaza. Ademais da construción dunha nova fase de saneamento nas parroquias do concello de Gondomar.

 

 

 

 

 

O BNG presenta un total de quince emendas aos Orzamentos da Xunta para o 2019 relativas aos concellos do Val Miñor