Amplíase a exposición pública do PXOM a iniciativa do BNG

Amplíase a exposición pública do PXOM a iniciativa do BNG

No pasado Pleno Municipal do Concello de Nigrán o BNG veu de presentar unha moción solicitando a ampliación do prazo de exposición e información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello. Así, subsánase en parte o atranco que viña supoñendo que o prazo para que os veciños examinasen o documento e formulasen, de ser o caso, as alegacións oportunas, coincidisen cos meses de xullo e agosto, vacacionais por excelencia. Periodo no que adoitan coller vacacións, igualmente, os técnicos municipais.

Esta proposta contou co apoio unánime de todos os concelleiros da Corporación Municipal.

Texto íntegro da moción aprobada: https://docs.google.com/file/d/0BzEZXY9PFyYlZ3ZEelduSWlHM3M/edit?usp=sharing

Amplíase a exposición pública do PXOM a iniciativa do BNG