A actitude antidemocrática do PP cústalle cartos á Mancomunidade
Durante a celebración da Xunta da Mancomunidade do Val Miñor que se celebrará o vindeiro Martes, a partires das trece horas no salón de Plenos do Concello de Baiona, o Bloque Nacionalista Galego manifestará o seu rexeitamento á postura mantida polo Partido Popular a respecto do recurso de reposición presentado por Xabier Rodríguez Fernández e María Dolores Araújo Duarte e que resulta agora na presentación dun recurso contencioso-administrativo.
Os populares non recoñeceron a irregular celebración da Xunta de Mancomunidade celebrado o pasado mes de Abril, ao ter impedido a Policía Local o acceso a dous dos membros da corporación da Mancomunidade. A través do mencionado recurso de reposición teríase restituido o defecto de forma sin que supuxera custe algún ás arcas públicas,.
Mais o enrrocamento dos populares conleva o inicio dun proceso contencionso-administrativo, producindo un gasto extraordinario para a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, derivado da designación de avogado e procurador a tal efecto.
O Partido Popular non só está a practicar sistemáticamente unha política antidemocrática, sinón que se defende das súas actuacións irregulares a través do incremento no gasto público.