pxom
BE-NE-GÁ
Parroquias de Nigrán

O informe xurídico sobre o PXOM prega encarecidamente unha reflexión profunda sobre a alteración do modelo de crecemento

Pide que se teñan en conta as consecuencias que implicou a supresión da vía “A Xunqueira-Saiáns”, que cambiou o modelo recollido no documento inicial

Recomenda que, de optar por seguir adiante co modelo de desenvolvemento condicionado proposto polo equipo redactor, se contemplase unha segunda exposición pública, tal e como veu reclamando o BNG

O documento que se leva á aprobación non conta co informe favorábel de Patrimonio

Ler novas
BE-NE-GÁ

O BNG esixe que se respecte á Corporación na tramitación do PXOM

Convocar á comisión informativa con apenas dous días hábiles de antelación, coa festividade local de San Xoán polo medio, e o Pleno na semana seguinte, só responde ao interese do goberno por dificultar a análise de todos os informes emitidos

 

O BNG solicitou na comisión informativa, con nulo éxito, que o pleno para a aprobación provisional non se convocara, en ningún caso, con menos de dúas semanas de antelación

 

Pretender resolver un documento que leva 16 anos de tramitación en pouco máis dunha semana é un insulto aos corporativos e a toda a veciñanza de Nigrán” indicou o portavoz municipal, Xavier Rodríguez

Ler novas
Novas
Xavier Rodríguez Fernández. Portavoz Municipal

O BNG posiciónase en contra da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Nigrán se non contempla un período de exposición pública

 

Oponse á proposta do Partido Popular, apoiada polo PSOE, de levar a Pleno o PXOM “con la mayor celeridad que permitan los plazos legalmente establecidos”

 

Isto supón, na práctica, eludir o trámite de información pública que o goberno considera cumprido coa que se fixo hai 11 anos

 

Os nacionalistas consideran ridículo convocar un pleno extraordinario para aprobar unha proposta que non é máis que un rogo ao equipo de goberno

Ler novas
Novas
Xavier Rodríguez durante unha intervención no Pleno

O Pleno de Nigrán debaterá o establecemento dun período de exposición pública do Plan Xeral

 

Unha moción do BNG esixirá que a corporación se pronuncie ao respecto.

A formación nacionalista, que xa conseguira que se ampliara o prazo de información pública tras a aprobación inicial, reclama agora un novo período de exposición previo á aprobación provisional.

Pretende así dotar de seguridade xurídica ao PXOM, ao tempo que asegura á veciñanza poder alegar aquelas. cuestións que consideren pertinentes.

Ler novas