valmiñor
BE-NE-GÁ
Iago Pereira, Manuela Rodríguez e Xavier Rodríguez.

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria inmediata do pleno da Mancomunidade do Val de Miñor para fortalecer o seu funcionamento

Instan á Comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, actual presidente, de Gondomar e de Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por celebrar os plenos trimestrais que levan sen convocar máis de un ano

Manuela Rodríguez, Iago Pereira e Xavier Rodríguez, portavoces do BNG en Gondomar, Baiona e Nigrán, respectivamente, sinalan que “ese desinterese das diferentes presidencias de PSOE e PP é un obstáculo para a mellora e o correcto funcionamento dos xa escasos servizos mancomunados, como a piscina ou o grupo de emerxencias supramunicipal (GES)”

Ler novas
BE-NE-GÁ
Militantes do BNG no Val Miñor xuntos aos portavoces municipais e a deputada autonómica, Carmela González

O BNG no Val Miñor denuncia que o PP actúa contra os intereses da veciñanza do Val de Miñor

 

Todas as emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026 presentadas polo Bloque foron rexeitadas polo partido popular de Rueda

Os portavoces municipais de Baiona, Gondomar e Nigrán laméntan que rodete da maioría absoluta do PP galego rexeite a totalidade das trinta emendas parciais formuladas polo BNG, que impedirá, co silencio cómplice do PP dos tres concellos, o investimento de preto de vinte millóns de euros no Val de Miñor

Carmela González, deputada do BNG: “O PP priva a veciñanza do Val de Miñor dun incremento imprescindible para corrixir a marxinación que as contas de Rueda supoñen tanto para os tres concellos no seu conxunto como para cada un por separado

Ler novas
BE-NE-GÁ
2025042200530944090

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria do pleno da Mancomunidade do Val Miñor

Instan á comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por convocar o pleno trimestral que tocaba no mes de marzo

Os sucesivos presidentes, tanto o actual, Juan González, alcalde de Nigrán, como Sito Almuíña, de Baiona, ou Paco Ferreira, de Gondomar, danse relevo un ano tras doutro, de xeito rutineiro no cargo e sen ningunha intención de impulsar a Mancomunidade

Ler novas