O BNG de Nigrán apoia a manifestación en defensa da sanidade pública do 14 de novembro en Santiago
O BNG de Nigrán estivo presente na rolda de prensa, que tivo lugar este sábado día 6 de novembro na Ramallosa convo,cada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, que forma parte de SOS Sanidade Pública.
Nesta rolda de prensa explicaronse as actividades que está a realizar para informar da situación na que se atopa a Atención Primaria na coamrca do Val Miñor, entre as que se atopan as seguintes: presentación de mocións de apoio nos Concellos de Nigrán, Baiona (xa aprobada) e Gondomar, charlas informativas e reparto de propaganda e cartaces informativos.
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor sinalan "É sobran os motivos para convidar a cidadanía do Val Miñor a participar de maneira masiva na manifestación do día de novembro ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela. A presión social é aúnica maneira de facelos desistir das súas intencións de recortar a Atención Primaria. De nós depende"