PARA LIDERAR Á XENTE, CAMIÑA TRAS ELES (LAO TZU)

Definindo o indefinible

ana
Ana Pontón
Definindo o indefinible

O domingo, milleiros de simpatizantes e afiliados, reunímonos na Coruña nunha especie de cónclave para decidir o futuro do BNG. Un cónclave que, en vez de fumes brancos, houbo fumes violetas con letra de M de muller. O único que saco de conclusión da Asemblea de onte é que hai equipo e hai unha capitana que é, dende o punto de vista da definición lingüística e psicolóxica indefiníbel, debido a que a polifacetismo está presente ao longo da súa estadía na organización. Unha deputada que pasou de ser desapercibida a ser a mellor líder da historia do BNG. Unha muller nacida na Galicia profunda de Sarria, na parroquia de Chorente, que ten a confianza dos galegos e das galegas. Sí, señores, señoras e varóns machistas, estou a falar de Ana Pontón, unha boa matadora contra as políticas dos recortes, unha gran loitadora desta Terra e sobretodo unha gran boxeadora contra as machistadas dalgúns que se venden como feministas de foto, pero á hora da verdade son peores que os machistas de cara .

 

Entendendo que a política é un servizo público, Ana inicia o seu mandato nun período completamente difícil para a organización. O BNG viña de ter uns resultados completamente catastróficos e tiña que iniciar un proceso de conversión profunda, o cal ela soubo afrontar con cabeza e con sentimento.

 

Mentres algúns mostran abertamente o seu medo a que siga pisando con forza esa moqueta tan fina do Parlamento para representarnos a todos nós, Ana traballa para que na Galicia se viva mellor. Mentres eses mesmos adícanse a atacala dende o punto de vista persoal, con frases horrendas, ela segue ahí, atendendo con total valentía as necesidades que temos os galegos e as galegas. Somos un pobo que camiña hacia a liberdade cunha gran guía.

 

Se podemos designar unha palabra adecuada para o mandato presente é aperturismo. Pensar que o líder ten que estar coas bases é unha idea fundamental que moitas veces non se leva de todo á práctica. É moi difícil entablar diálogos con xente que non coñeces, pero coma ben dí este escritor chinés o camiño é a única forma de liderar ben un partido político e de manter o temón do gran buque que somos todos nós.

 

E xa para rematar quero darlle gracias á vida, por deixarme formar parte desta historia imparábel que é o nacionalismo galego. Voume despedir desexando que esta gran líder conduza este gran barco, para que o BNG lle quede moito por navegar. Moita sorte, Ana.

Definindo o indefinible