Miguel Soto novo responsábel local do BNG de Nigrán
O Grupo Municipal abre unha nova sede en A Ramallosa.
Cumprindo co proceso de renovación de órganos tras a asemblea nacional de decembro pasado, o BNG de Nigrán elixiu un novo responsábel local.
Esta asemblea foi o acto inaugural da nova sede que o Grupo Municipal do BNG abriu en A Ramallosa.
Cumprindo co proceso de renovación de órganos tras a asemblea nacional de decembro pasado, o BNG de Nigrán elixiu un novo responsábel local que sucede no cargo ao actual portavoz municipal, Xavier Rodríguez. Trátase de Miguel Soto, veciño de Panxón e persoa vinculada ao nacionalismo galego desde a súa mocidade. Licenciado en Humanidades e activista sociocultural, é dono dun coñecido local de hostalaría do noso concello e unha persoa moi apreciada pola veciñanza da nosa localidade.
Miguel foi elixido co 85 % do voto nunha asemblea que contou cunha grande participación da militancia da localidade e comprometeuse “a traballar para fortalecer a presenza do BNG na localidade, buscando ampliar a base militante e simpatizante, escoitando e colaborando co tecido asociativo local para conseguir unha organización local aínda máis participativa”.
Esta asemblea foi o acto inaugural da nova sede que o Grupo Municipal do BNG abriu en A Ramallosa, que suporá tamén un impulso para o traballo municipal e as actividades da organización, aumentando a participación e o contacto coa veciñanza.