Propostas do BNG aos orzamentos de Nigrán

Propostas do BNG aos orzamentos de Nigrán

O orzamento municipal é o documento que recolle as previsións de ingresos e gastos do concello, ao mesmo tempo que constitúe o documento político no que o goberno municipal plasma as liñas de actuación que pretende desenvolver.

Co obxectivo de desbloquear a situación na que nos atopamos como consecuencia do rexeitamento por parte do pleno do proxecto de orzamentos presentado polo equipo de goberno e, máis alá dos cambios en partidas presupostarias concretas, o BNG de Nigrán quere trasladar as condicións que deberían darse para a elaboración dun orzamento que poida ser asumible pola nosa organización, alomenos na maioría dos seus contidos, e que, polo tanto, poidamos facilitar a súa aprobación.

Orzamentos Participativos

Este é un concepto xa frecuentemente utilizado nas propostas políticas pero escasamente implantado na práctica.

Para que o  BNG permita a aprobación duns orzamentos estos deben ser os orzamentos de todos ou, cando menos, contar coas aportacións da cidadanía.

Polo tanto, para que deixen de ser as contas do Partido Popular e pasen a ser as dos veciños deben abrirse a súa participación.

Ésta se concretará substituíndo as reunións que fixo ou tiña previstas o equipo de goberno cos diferentes colectivos nas que se pretendía facelos partícipes das consecuencias negativas que iba a ter para eles a non aprobación dos orzamentos, por unha moito máis construtiva invitación a achegar suxerencias para a elaboración dos mesmos, para que nun prazo razoable (podería ser unha semana) as asociacións e entidades aportasen suxestións que terán que ser analisadas nunha xuntanza posterior dos grupos políticos.

Para facilitarlle a súa labor se publicarán as previsións do proxecto actual na páxina do concello.

PXOM

Consideramos que a situación actual de parálise do Plan Xeral, non pode solucionarse pola vía menos transparente posible, procedendo a unha cesión do contrato que, posiblemente, para poder rematalo con garantías,acabe traendo modificacións do mesmo camufladas na contratación doutros traballos adxacentes.

Por eso plantexamos que o concello exerza a potestade para resolver o contrato e proceda á unha nova contratación da parte do mesmo que resta, que inclúa a subsanación das deficiencias actuais.

Para que esta nova contratación se poda levar a cabo con maiores garantías que o fracasado contrato actual, somos conscientes de que ten que incrementarse a dotación económica do mesmo, polo que propomos aumentar en 40.000 euros a partida para o Plan Xeral de Orden. Munic., chegando desta maneira ata os 90.000 euros de fondos municipais; sen perxuízo de que posteriormente se vexan as posibilidades de ter financiación  doutra administración para tal fin.

Este maior crédito se compensará coa disminución na mesma contía da partida que estaba destinada a subvencións para o fomento do emprego.

Emprego

O desemprego é a maior lacra social que padecemos nos tempos que vivimos e a maior preocupación da cidadanía. Debe ser obxecto tamén, polo tanto, do maior dos esforzos por parte dos gobernos. Non obstante esto non se debe facer esquecendo a actual distribución de competencias e, en consecuencia, a efectividade das medidas implementadas. Neste marco, axeitado ou non, resulta evidente a responsabilidade dos gobernos da Xunta e do Estado na adopción de medidas realmente eficaces para combater o paro, sendo, no caso dos concellos unha competencia impropia para eles e cunha capacidade de influencia extremadamente limitada.

Non obstante o anterior, por suposto defendemos a colaboración municipal nun tema de tan extraordinaria gravidade, pero con ferramentas efectivas e proporcionadas, e non un simple gasto con escasa incidencia sobre o problema pero xustificado baixo a etiqueta de fomento do emprego.

Neste sentido propomos incrementar ata os 70.000 euros a partida destinada a fomento do emprego ( no proxecto rexeitado polo pleno era de 30.000 ), de control directo por parte do concello, eliminando a de subvencións para fomento do emprego, de uso moito máis discrecional e difícil control.

Plantexamos, en consecuencia, a actuación directa do concello na loita contra o desemprego, tanto a traverso de medidas de formación e información, como de contratación de desempregados por medio de becas ou similares.

Dentro destas últimas, unha delas será destinada a un técnico de normalización lingüística, para correxir o tradicional desprezo que os sucesivos gobernos municipais tiveron coa nosa lingua, ao mesmo tempo que se soluciona unha carencia nos servizos do concello que nos permita, aínda que de xeito precario, equiparanos a localidades dunha entidade semellante a nosa.

Control dos servizos públicos

Unha cantidade importante no orzamento se destina á pertinente revisión de prezos dos contratos administrativos vixentes, sen que, en xusta correspondencia, se realice o control adecuado do estricto cumprimento das obrigas das  concesionarias.

Por iso, de xeito paralelo ás comentadas revisións, comprobarase o grao de cumprimento das condicións estabelecidas nos pregos, nomeadamente da completa realización dos investimentos aos que veñen obrigadas.

Este control realizarase na comisión correspondente, co aporte dos informes técnicos precisos para a súa comprobación, ao obxecto de determinar se proceden minoracións no cánon que se lle abona ás concesionarias.

Cambio na composición das comisións informativas

Dende o BNG non entendemos que podamos ser válidos para facilitar a aprobación dun orzamento e, pola contra, non ser dignos de participar no órgano de estudo e análise dos asuntos económicos tal é a Comisión de Contas.

Por iso, dende esa perspectiva integral, reclamamos un cambio na composición das comisións informativas que permita a participación nas mesmas de todos os partidos políticos con representación na corporación.

Esto pode acadarse mediante a adopción do sistema de voto ponderado (o mellor segundo o noso criterio) ou mediante a adscripción dos membros do Grupo Mixto as comisións nas que non están presentes, na liña da enmenda efectuada por UCN á proposición do PSOE para a modificación das mesmas.

Propostas do BNG aos orzamentos de Nigrán