NIGRÁN, 21 DE XULLO DE 2018.
O BNG presenta una moción para que se retire a placa conmemorativa da inauguración da praza do Concello
Considera que non se debe facer constar os nomes de representantes políticos nas obras realizadas durante ós seus mandatos
En 2015 se inaugurou a Praza do Concello, cun custo de 218456€ e realizada de acordo cun proxecto municipal e con cargo a un plan de obras e servizos da Deputación de Pontevedra. Co gallo de tal inauguración colocouse unha placa cos nomes de Alberto Valverde e Rafael Louzán en dita praza.
O BNG considera que non se debe pór o nome de representantes políticos nas obras realizadas durante os seus mandatos porque os políticos deben xestionar os caudais públicos, pero non lles corresponde a propeidade das obras realizadas durante os seus mandatos, só pretenden perpetuarse nos lugares público; edificios, prazas, bancos, ...
No caso que nos ocupa, agravase pola maneira de facer política de Rafael Louzán, afortunadamente desterrada da Deputación e que o vai levar a xuízo en breve. O BNG considera que non é o tipo de persoa que teña un comportamento moral merecente dun recoñecemento público na praza do noso Concello.
Por todo o exposto, instamos ao Concello de Nigrán que retire dita placa.