moción
BE-NE-GÁ
Destrozos Na Costa

O Concello de Nigrán, ante a esixencia do BNG, elaborará o Plan de Acción Municipal para o Risco de Inundacións e un Plan de Emerxencia

Consensuáronse sendas mocións de BNG e PP que reclamaban ao concello que cumprise a obriga de contar co plan ante as inundacións, engadíndolle a petición dos nacionalistas de elaborar tamén o Plan de Emerxencia Municipal

Pese a que o Plan ante o Risco de Inundacións de Galicia (INUNGAL) inclúe a Nigrán entre os concellos obrigados a elaborar un plan municipal para este risco, a realidade é que non conta con el, nin cun Plan de Emerxencia Municipal

O portavoz municipal, Xavier Rodríguez, reclama “pasar da improvisación á planificación preventiva ante fenómenos cada vez máis extremos”

Ler novas