plenomunicipal
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, Portavoz Municipal

Nigrán reitera a petición de construción de vivenda pública no concello

Unha iniciativa do BNG, aprobada por unanimidade, solicita á Xunta que inicie os trámites necesarios co concello para promover vivenda protexida

 

Insta, ao mesmo tempo, ao goberno de Nigrán, a iniciar a creación dun parque municipal de vivenda pública, xa sexa mediante a promoción ou a adquisición

 

Nigrán xa é o terceiro concello de Galiza co alugueiro máis caro, tan só por detrás de Oleiros e practicamente igualado con Vigo, segundo os datos da propia Xunta” advirte o portavoz nacionalista, Xavier Rodríguez

Ler novas
BE-NE-GÁ
Xavier Rodríguez, portavoz municipal

A intervención do Concello de Nigrán emitiu 126 informes de reparo no exercicio 2025, na súa maioría con carácter suspensivo

O levantamento dos reparos foi realizado case na súa totalidade mediante resolucións do alcalde de Nigrán

 

Entre eles está a contratación da obra de remodelación do parque de A Ramallosa, informada desfavorablemente por incumprimento do prazo de xustificación

 

Tamén recibiron reparos de legalidade ata 105 relacións de obrigas ou gastos, polo xeral, por realizarse sen a tramitación do correspondente expediente de contrato

Ler novas