Charla da Asociación Federal Derecho a Morir Dignamente
O BNG de Nigrán anima á veciñanza a asistir á interesante charla organizada pola Asociación Federal Derecho a Morir Dignamente (DMD) e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, que terá lugar o martes 22 de marzo ás 19:00 horas no edificio da futura biblioteca de Nigrán.
A DMD é unha asociación sen ánimo de lucro, fundada en 1984 co fin de promover o dereito de toda persoa a dispor con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala, aliás de defender, de modo especial, o dereito dos doentes terminais a morrer sen sofrimento.
Nesta charla, en concreto, falarase sobre a eutanasia e o testamento vital. Consideramos este acto moi interesante, tendo en conta que aprobouse recentemente a Lei da Eutanasia