A PROTESTA CONTOU COA PRESENZA DA DEPUTADA NO PARLAMENTO GALEGO CARMELA GONZÁLEZ

Concentración do BNG diante do centro de saúde de Panxón para reclamar a reactivación da atención presencial

Concentración Panxón
Concentración Panxón
Concentración do BNG diante do centro de saúde de Panxón para reclamar a reactivación da atención presencial

Nigrán, 10 de outubro de 2020.- Este sábado pola tarde, membros e simpatizantes do BNG de Nigrán, acompañados pola parlamentaria Carmela González, concentráronse ás portas do centro de saúde de Panxón como sinal de protesta pola situación da atención primaria na localidade, reclamando o desconfinamento deste servizo e a reactivación da atención presencial.

 

No manifesto lido ao remate da mesma, o BNG denunciou as desastrosas consecuencias da aposta preferente pola consulta telefónica que fixo o SERGAS: profesionais que están ao límite, cun esgotamento mental insoportábel, esperas de semanas, , colas para acceder aos centros, atrasos no diagnóstico de enfermos con patoloxías graves ou doentes crónicos indefensos (persoas hipertensas, con cardiopatías, controis de saúde de pediatría con moitas demoras, etc.).

 

Esta situación está provocando a desprotección da poboación con menos recursos, que nos leva a un problema de cronificación de patoloxías e de atención tardía.

 

Por isto o BNG de Nigrán apoiou a mobilización para esixir a activación da Atención Primaria presencial, como modo de garantir unha atención sanitaria digna á poboación, aumentando o tempo de atención.

Para conseguilo a formación nacionalista defende aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria. No inmediato, 200 millóns de euros.

Finalmente tamén reclama a posta en marcha dun plan de choque para reducir as listaxes de espera hospitalarias.

Concentración do BNG diante do centro de saúde de Panxón para reclamar a reactivación da atención presencial