Adrian Rei , reelixido Responsábel Local do BNG de Nigrán
Venres, 18 de marzo de 2016.- Adrián Rei, número 2 da candidatura do BNG-Asembleas Abertas nas pasadas eleccións municipais, foi reelixido por unanimidade para continuar como Responsábel Local do BNG de Nigrán, tras a Asemblea que culminou o proceso de renovación de órganos posterior á Asemblea Nacional da formación nacionalista.

Xunto a Adrián, Xavier Rodríguez, actual portavoz municipal, continuará como máximo responsábel da política municipal.
Ademais deles dous, a tamén militante da localidade, Mª Xosé Rodríguez, integrará o novo Consello Comarcal da formación, completando a representación de Nigrán no máximo órgano de dirección da comarca de Vigo.
Neste novo mandato, Adrián Rei proponse impulsar, tamén na localidade, o proceso de refundación iniciado tras a última Asemblea Nacional do BNG, fomentando canto sexa posíbel o debate a nivel local, ao mesmo tempo que proseguirá a fortalecer a acción institucional realizada no Concello.
Iníciase así, pois, unha etapa ilusionante que esperamos ver culminada con éxito.