O BNG tentará no derradeiro pleno do mandato, que Nigrán se declare vila libre de circos con animais

O BNG tentará no derradeiro pleno do mandato, que Nigrán se declare vila libre de circos con animais

luns, 27 de abril de 2015.- O BNG de Nigrán aproveitará o último pleno do presente mandato, para presentar unha moción  ca que pretende que a corporación declare á localidade vila libre de circos con animais, prohibindo así a instalación deste tipo de espectáculos no termo municipal.

 

Queremos, deste xeito, que o noso concello se una ao crecente número de vilas e cidades do noso país, e de todo o mundo, que rexeitan, como un espectáculo mais propio do século XIX que do XXI, a exhibición e realización de números con animais privados de liberdade.

 

Buscamos evitar así o lamentable espectáculo que supón a exhibición de animais salvaxes, con temperaturas arredor dos trinta graos no verán, a carón da praia, nun, sen dúbida, nada edificante exemplo para o público infantil, cos animais atados, engaiolados ou encadeados.

 

Creemos que as novas tendencias en atraccións circenses van por vieiros ben diferentes, e un bo exemplo diso témolo na nosa propia comarca.

A cuestión do respecto cara aos animais demanda novas accións en diferentes eidos normativos, e o uso de animais en espectáculos é, quizás, un dos aspectos mais surrealistas dos que aínda teñen lugar no noso país.

 

 

Xavier Rodríguez Fernández – Portavoz Municipal do BNG de NigránDSC03027

O BNG tentará no derradeiro pleno do mandato, que Nigrán se declare vila libre de circos con animais