mitin
Destacadas
Agora Nigran Xavier

O BNG realiza o seu acto central este xoves no Auditorio do Concello ás 20:15, coas intervencións de Luís Bará, deputado no Parlamento Galego, e Xavier Rodríguez, candidato á alcaldía

Nun acto introducido pola candidata número tres, Cristina Fernández, o BNG de Nigrán expoñerá publicamente as liñas xerais da súa oferta electoral para o concello.

No mitin, o candidato á alcaldía, Xavier Rodríguez, tentará  condensar os 20 apartados e 50 páxinas da súa completa proposta programática que está a disposición dos veciños na súa páxina web.

 

            Tamén intervirá a médica e integrante da candidatura Amaia Pérez-Izaguirre, que resaltará máis especificamente a importancia das políticas sociais e o seu impulso, así como a demanda dun financiamento axeitado dos servizos necesarios.

O deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, achegarase igualmente a Nigrán a testemuñar o seu total apoio á candidatura local, ao mesmo tempo que lembrará a importancia das eleccións europeas que ten lugar ao mesmo tempo.

 

            No acto, aberto ao seu remate a calquera cuestión, pregunta ou suxestión que, eventualmente, os asistentes puideran desexar expoñer, o candidato, Xavier Rodríguez, incidirá na idea dun Nigrán para traballar, para gozar e para estudar, que preside a súa proposta, materializado nun plan de desenvolvemento local que articule as iniciativas municipais, nunha programación cultural variada e de calidade, e nun apoio absoluto a todas as actividades complementarias dos nosos centros educativos.

Ler novas