A Mancomunidade do Val Miñor non contratou o estudo sobre a contaminación da Foz anunciado en maio do ano pasado polos alcaldes

Parte da Foz do Miñor
Foz do Miñor

 

O 23 de maio do 2022 os rexedores de Nigrán, Gondomar e Baiona, anunciaron publicamente que a Mancomunidade promovería e financiaría o estudo sobre a  contaminación da Foz e o río Miñor.

 

Pola súa banda, o PPdeG rexeitou a emenda do BNG aos orzamentos da Xunta por importe de 75.000 euros para a redacción dun proxecto de rexeneración da Foz.

A Mancomunidade do Val Miñor non contratou o estudo sobre a contaminación da Foz anunciado en maio do ano pasado polos alcaldes

 

Hai máis de sete meses, os alcaldes do Val Miñor quixeron fotografarse con membros da directiva da Confraría de Pescadores A Anunciada, para difundir a contratación dun estudo sobre o impacto da contaminación microbiolóxica no estuario da Foz do Miñor. Entón manifestaban o seu firme empeño en recuperar a zona. Tras máis de medio ano sen noticia ningunha ao respecto, o BNG dos concellos do Miñor, a través do seu representante na Xunta da Mancomunidade, Iago Pereira, preguntou sobre esta suposta contratación e o seu resultado, obtendo a resposta que xa imaxinabamos. Non houbo adxudicación ningunha e polo tanto non se realizou estudo ningún.

A este anuncio falso dos rexedores para o que incluso non dubidaron en utilizar a boa fe da confraría, súmase o rexeitamento no Parlamento Galego por parte do Partido Popular á emenda que introduciu o BNG nos orzamentos da Xunta para o ano 2023 por importe de 75.000 euros, para a realización dun estudo para a recuperación ecolóxica da Foz do Miñor que servira de base para a elaboración do Plan de Rexeneración, de cara á restauración da contorna, a eliminación da contaminación e a recuperación do banco marisqueiro.

En todo caso dende o BNG de Baiona, Nigrán e Gondomar queremos reiterar o noso compromiso ineludible co saneamento da Foz e do río Miñor e de sermos decisivos na Xunta da Mancomunidade do Val Miñor tras as próximas eleccións municipais, faremos realidade a contratación do estudo falsamente anunciado polos alcaldes socialistas do val.

 

 

A Mancomunidade do Val Miñor non contratou o estudo sobre a contaminación da Foz anunciado en maio do ano pasado polos alcaldes