BE-NE-GÁ
O BNG reclama melloras no servizo de correos nos concellos do Val Miñor e Oia
26/xan./2023
O Bloque Nacionalista Galego de Baiona, Gondomar, Nigrán e Oia reclama melloras no servizo de correos que conforman a unidade postal do Val Miñor, mediante unha moción conxunta aos Plenos dos catro concellos. A fronte nacionalista demanda un aumento do persoal e dos recursos á empresa pública Correos, así como reestruturar o servizo para posibilitar o reparto os cinco días da semana e a atención en horario de tarde