BE-NE-GÁ
O BNG denuncia que PSOE e PP impiden a revitalización da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor
29/xuño/2026
No proceso de modificación dos estatutos, os alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán rexeitaron as emendas do BNG destinadas a reforzar a participación, a pluralidade política e a gobernanza compartida da entidade
O Bloque lamenta a oportunidade perdida de converter a Mancomunidade nun verdadeiro instrumento de cooperación ao servizo da veciñanza