A NEFASTA XESTIÓN DO ALCALDE NESTE ASUNTO DEU COMO RESULTADO A ENTREGA POR PARTE DA XUNTA DUNHA VÍA EN ESTADO LAMENTABLE SEN ASUMIR NINGÚN CUSTE POLA SÚA REPARACIÓN

Dende o BNG criticamos que o concello de Nigrán teña que asumir en solitario a humanización da rúa Otero Pedrayo

Foto: ValMiñor TV
Foto: ValMiñor TV
Dende o BNG criticamos que o concello de Nigrán teña que asumir en solitario a humanización da rúa Otero Pedrayo

O anuncio por parte do concello de Nigrán do acordo do Consello da Xunta do cambio de titularidade a favor do mesmo da rúa Otero Pedrayo é un negocio ruinoso para as arcas municipais. A administración autonómica entrega unha estrada da súa responsabilidade en pésimas condicións, sen que lle supoña ningún gasto a súa millonaria rehabilitación, que terá que ser asumida integramente polo consistorio.


A esta situación chegamos pola fracasada vía en solitario seguida polo alcalde de Nigrán, Juan González,
que tan só pretende esconder a falta de xestión que tivo, respecto deste asunto, desde fai anos.


Antes de rematar o mandato anterior o BNG levou a Pleno unha moción que, tras ser aprobada, requiría
do goberno municipal a elaboración dunha proposta de convenio para remitir á Xunta, avalada
explicitamente polos portavoces de todos os grupos políticos presentes na corporación.
O alcalde evitou concretar esta fórmula e, en troques, quixo asumir en solitario a reclamación da vía,
culminada co traspaso da mesma á administración municipal que terá que afrontar en solitario os 1.5
millóns de euros que supón o seu arranxo, mentres lle evita calquera gasto á administración autonómica,
que é a responsable do deterioro da rúa ao non ter invertido nada nela en décadas.
O goberno municipal incluso non descarta acudir á vía do crédito para financiar o investimento, fórmula á
que se opón totalmente o BNG para costear a obra.

O concello de Nigrán, que iniciara a senda do saneamento económico co goberno de coalición PSOE-
BNG que o acabou situando nunha posición financeira excelente, pode, co goberno de Juan González, reiniciar o camiño do endebedamento para tapar a súa inacción neste tema durante anos, sen unha soa proposta elaborada seriamente e transmitida formalmente ata a solicitude de transferencia da vía feita xa neste 2020.

Xavier Rodríguez
Responsable local do BNG

Dende o BNG criticamos que o concello de Nigrán teña que asumir en solitario a humanización da rúa Otero Pedrayo