Imprimir

O BNG presenta una moción para que se retire a placa conmemorativa da inauguración da praza do Concello

bngnigran | 21 de Xullo de 2018

Considera que non se debe facer constar os nomes de representantes políticos nas obras realizadas durante ós seus mandatos

En 2015 se inaugurou a Praza do Concello, cun custo de 218456€ e realizada de acordo cun proxecto municipal e con cargo a un plan de obras e servizos da Deputación de Pontevedra. Co gallo de tal inauguración colocouse unha placa cos nomes de Alberto Valverde e Rafael Louzán en dita praza.

 

 

O BNG considera que non se debe pór o nome de representantes políticos nas obras realizadas durante os seus mandatos porque os políticos deben xestionar os caudais públicos, pero non lles corresponde a propeidade das obras realizadas durante os seus mandatos, só pretenden perpetuarse nos lugares público; edificios, prazas, bancos, ...

 

No caso que nos ocupa, agravase pola maneira de facer política de Rafael Louzán, afortunadamente desterrada da Deputación e que o vai levar a xuízo en breve. O BNG considera que non é o tipo de persoa que teña un comportamento moral merecente dun recoñecemento público na praza do noso Concello.

 

Por todo o exposto, instamos ao Concello de Nigrán que retire dita placa.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/destacadas/bng-presenta-mocion-retire-placa-conmemorativa-da-inauguracion-da-praza-do-concello/20180721172235000757.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Nigrán

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal