Imprimir

Adrian Rei , reelixido Responsábel Local do BNG de Nigrán

Bloque Nacionalista Galego de Nigrán | 19 de Marzo de 2016

Venres, 18 de marzo de 2016.- Adrián Rei, número 2 da candidatura do BNG-Asembleas Abertas nas pasadas eleccións municipais, foi reelixido por unanimidade para continuar como Responsábel Local do BNG de Nigrán, tras a Asemblea que culminou o proceso de renovación de órganos posterior á Asemblea Nacional da formación nacionalista.

Xunto a Adrián, Xavier Rodríguez, actual portavoz municipal, continuará como máximo responsábel da política municipal.

Ademais deles dous, a tamén militante da localidade, Mª Xosé Rodríguez, integrará o novo Consello Comarcal da formación, completando a representación de Nigrán no máximo órgano de dirección da comarca de Vigo.

Neste novo mandato, Adrián Rei proponse impulsar, tamén na localidade, o proceso de refundación iniciado tras a última Asemblea Nacional do BNG, fomentando canto sexa posíbel o debate a nivel local, ao mesmo tempo que proseguirá a fortalecer a acción institucional realizada no Concello.

Iníciase así, pois, unha etapa ilusionante que esperamos ver culminada con éxito.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://nigran.bng.gal/articulo/organizacion-local/adrian-rei-reelixido-responsabel-local-do-bng-nigran/20160319211549000715.html

© 2017 Bloque Nacionalista Galego de Nigrán

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal