Novas
Vehículos de recollida do lixo

Nigrán aproba unha nova contratación do servizo de recollida de residuos que non prevé as obrigas legais en materia de recollida separada das fraccións

 

O pleno acordou abrir a licitación dun servizo que se está prestando en precario tras concluír fai case tres anos a prórroga obrigatoria do contrato actual

Os pregos para a licitación foron aprobados cos únicos votos favorables do PSOE

O BNG lamenta que nin sequera se avaliase a opción da xestión directa do servizo

Ler novas
Rúa Bouzavella

O pleno do Concello de Nigrán aproba instar ao goberno á redacción dun proxecto de seguridade viaria para a rúa Bouzavella

 

O acordo adóptase co único voto favorable do BNG ante a abstención de PSOE e PP

O proxecto buscará delimitar unha senda peonil ao longo do seu percorrido

O BNG retoma así a necesidade de actuar sobre o camiño tras a consulta popular realizada polo Goberno municipal que rexeitou establecer unha dirección única

Ler novas

O pleno de Nigrán aproba constituír o Consello Municipal da Muller

 

O acordo impulsado polo BNG co gallo do 25 N adoptouse por unanimidade

Nace como elemento de participación comunitaria e instrumento dinamizador do asociacionismo e da actividade das mulleres en Nigrán

Igualmente o pleno acordou instar á Xunta de Galiza a incrementar os recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero e a ampliación e extensión dos Centros de Información á Muller (CIM)

Ler novas
Sesión plenaria do Concello de Nigrán.

O PSOE incrementa un 20% o Imposto de Bens Inmobles de Nigrán

 

O tipo aplicable aos bens inmobles urbanos pasa do 0,50 ao 0,60.

A proposta aprobouse nun pleno extraordinario e urxente convocado con menos de dous días hábiles de antelación e sen pasar previamente pola correspondente Comisión Informativa de Contas.

O goberno municipal adopta esta suba nun concello que acumula remanentes positivos de tesouraría ano tras ano.

Ler novas
Xavier Rodríguez durante unha intervención no Pleno

O Pleno de Nigrán debaterá o establecemento dun período de exposición pública do Plan Xeral

 

Unha moción do BNG esixirá que a corporación se pronuncie ao respecto.

A formación nacionalista, que xa conseguira que se ampliara o prazo de información pública tras a aprobación inicial, reclama agora un novo período de exposición previo á aprobación provisional.

Pretende así dotar de seguridade xurídica ao PXOM, ao tempo que asegura á veciñanza poder alegar aquelas. cuestións que consideren pertinentes.

Ler novas
Xavier Rodríguez durante unha intervención no Pleno

O goberno municipal de Nigrán reparte 237.500 euros en subvencións a dedo

 

Pola contra, na mesma sesión plenaria aprobáronse só 90.000 euros a conceder a través dunha convocatoria pública

Ata 18 subvencións nominativas aprobou o PSOE fronte a tan só dúas convocatorias por concorrencia competitiva para os cemiterios privados e as comunidades de augas

O goberno socialista pasou de outorgar 4 ou 5 subvencións nominativas cando estaba en minoría ás 18 axudas directas actuais

Ler novas