O BNG de Nigrán constitúe o seu novo Consello Local.

O BNG de Nigrán constitúe o seu novo Consello Local.

10406596_1532411140355332_1755262505930093301_n O BNG de Nigrán constitúe o seu novo Consello Local, encabezado por Adrián Rei, novo Responsable Local.

Luns, 13 de xullo de 2015. Onte martes tivo lugar a sesión constitutiva do novo Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán, recentemente elixido, convocado polo tamén novo Responsable Local da formación, Adrián Rey, número 2 da candidatura do BNG Asembleas Abertas nas pasadas eleccións municipais.

Xunto a Adrián integran este novo Consello Local? Xavier Rodríguez, portavoz municipal, como Responsable de Política Institucional? Xabier Méndez, que foi o coordinador do programa electoral nas pasadas eleccións, como Responsable de Estudos e Programas? Sefi Romero, número 5 da candidatura nas municipais, como Responsable de finanzas e Actos, e Carmen Piñeiro e Vicente Lobato, ambos activos membros do movemento veciñal, como Responsables de Relacións cos Movementos Sociais.

Este novo Consello Local nace coa vocación de dar un impulso á actividade do BNG na localidade, ao mesmo tempo que para fortalecer a acción institucional realizada no concello.

Da lectura dos resultados das pasadas eleccións municipais, no BNG de Nigrán sacamos a conclusión de que un número importante de veciños segue querendo que o nacionalismo estea presente na corporación local, pero tamén interpretamos que nos piden mais traballo.

Para dar cumprida resposta a esa esixencia, constituímos o Consello que agora inicia o seu camiño.

Xavier Rodríguez - Portavoz Municipal