SOLICITA QUE A PRIMEIRA EN RETIRARSE SEXA A DA PRAZA DO CONCELLO CO NOME DE LOUZÁN.

O BNG de Nigrán amosa a súa satisfación pola retirada de todas as placas conmemorativas dos espazos públicos con nomes de políticos

Xavier Rodríguez, portavoz municipal BNG
Xavier Rodríguez, portavoz municipal BNG
O BNG de Nigrán amosa a súa satisfación pola retirada de todas as placas conmemorativas dos espazos públicos con nomes de políticos

Nigrán, 27 de xullo de 2018.-O BNG quere manifestar a súa satisfación pola decisión tomada polo Pleno Municipal de retirar todas as placas conmemorativas con nomes de políticos dos espazos públicos municipais, ao aceptarse unha enmenda do Partido Popular á moción presentada pola nosa formación política para que se retirase a placa de Rafael Louzán da Praza do Concello.

            Tamén nos comprace que a Corporación aprobase que non se autorice a isntalación de ningunha placa conmemorativa de inauguración con nomes de políticos.

 

            Esta decisión tomouse despois de presentar o BNG unha moción instando ao Concello para a retirada da placa da Praza do Concello, porque rexeitamos que os representantes políticos coloquen os seus nomes, perpetuandose nos espazos públicos, coma un intento pretencioso de pasar a posterioridade

 

            Inicialmente nos centramos na Praza do Concello foi pola representatividade do lugar e polo feito de que este lugar este presidido polo nome de Rafael Louzán, que representa un feito de facer política (xa desterrado da Deputación) e pola apertura de xuízo oral por suborno que se abriu. Por estes dous motivos non queremos que o seu nome se perpetue na praza do noso Concello.

 

 

             Na Comisión Informativa previa o Pleno Municipal, a proposta contou co apoio do Partido Socialista e a oposición do Partido Popular. O día do pleno, o Partido Popular presentou unha enmenda para extender a medida a tódalas placas existentes (similares a sinalada na nosa moción) e impedir a instalación doutras. Esta enmenda aprobouse ao ser aceptada pola nosa formación política, xa que non temos problemas en que se retiren todas as placas, pero non queremos que esta decisión esconda a importante decisión da retirada da placa de Rafael Louzán da Praza do Concello